jose luis

http://bdtmelide.blogspot.es/img/coelloguisadoconmenestra.pps

Milagros

http://bdtmelide.blogspot.es/img/polo.pps

Isabel

http://bdtmelide.blogspot.es/img/tartadelimon.pps

Sara

http://bdtmelide.blogspot.es/img/tartadecafe.pps

manolo

http://bdtmelide.blogspot.es/img/paella.pps

HELENA

http://bdtmelide.blogspot.es/img/filitesdepescadaconensalada.pps

elizabeth

http://bdtmelide.blogspot.es/img/empanadillas.pps

mais novas

Despois de varios días sin subir nada, aí vos van unha morea de receitas en enlaces; espero que consigades velas; por certo estaba todo boísimo dou fe.

Sonia.

boas de novo

Despois de uns días sen colgar nada no blog aquí, volvo de novo cun morea de receitas novas; espero sean do agrado de todas e de todos e me deixedes os vosos comentarios xa sexan para ben ou para cambiar algunha cousa que non vos guste.
Coa creación deste obradoiro de cociña, hai moita xente que pasou polo Concello para informarse, de que é o BANCO DE TEMPO, e en que consiste; ata teño novos socios/as.
Algunha das actividades que temos pensadas en breve, son un obradoiro de pastelería e para baixar tanta lambonada unha ruta de sendeirismo.Para que por suposto é indispensabel ser socio/a do BANCO DE TEMPO, así que xa sabedes, vide ao Concello é facédevos socios/as deste novo proxecto. Ademáis de apreder novas cousas, coñeceredes a xente coa que compartir unha morea de vivencias. Dicirvos que facerse socio/a é gratuito.
SONIA.

OBRADOIRO DE COCIÑA

[HTML][/HTML]

OBRADOIRO DE COCIÑA

[HTML][/HTML]

OBRADIRO DE COCIÑA BDT MELIDE


[HTML][/HTML]

Arranca o obradoiro

BOAS A TODAS/OS.

Arranca o Obradoiro de cociña do Banco de Tempo de Melide.
O martes 28 de abril, comeza Manolo cunha paella valencia, o xoves día 30 tocoulle a José luis que nos deleitou con coello guisado con menstra, parabéns rapaces os platos estaban estupendos. Ademáis de preparar as receitas de cociña, intercambiamos opinións das que imos prepando e de outras que se van a realizar. Por agora, coido que o obradoiro está a ser produtivo para as persoas que o realizan, teño un grupo moi aberto e participativo de todas as idades, e clases hai xente galega e xente inmigrante, homes e mulleres, persoas novas e maiores, empregados/as e outras no paro; tal como pretende o Banco de Tempo persoas que non se terían coñecido entre si intercambian tempo e tarefas da vida cotiá.

Deixovos as fotos dos nosos chefs cos seus respectivos pratos.

SONIA.

comezo do blog

HOLA A TOD@S!
 
Boas internanutas, son a técnico do banco de tempo de Melide, tal día coma hoxe  27 de abril,decidín crear este blog para dar a coñecer o traballo que fago e así poñer en coñecemento de todo o mundo un pouco  que é o "Banco de Tempo de Melide" e as cousas que se levan a cabo nel.
 
A este Banco estalle custando un pouco arrancar e inda que é o último que se incorporu a filas e tentamos explicar a todo o mundo con charlas informativas, entrevistas na radio municipal, tripticos... a xente e reacia a virse apuntar ou preguntar tan so de que vai.
 
Non so como técnico, senón tamén como persoa paréceme unha idea interesántisima a creación dos bancos de tempo.
 
Direivos que en Galicia non somos pioneiros neste tema, xa que a idea dos Bancos de Tempo xurdiu en Italia , EEUU e incluso no noso país veciño Portugal. En ESpaña comenzou por Cataluña, Madrid, Vitoria, Bilbao, Tenerife....
 
En Galicia comezou en Vigo no que actualmente funciona moi ben, incluso é levado a cabo por varias asociacións.
Tamén existe en Allariz,Valladares, Ourense, Ferrol ...
 
 Os Bancos de Tempo Municipais son un servizo que a Consellería de Traballo está a poñer en marcha e polo tanto descoñecidos para a maioría da poboación na nosa comunidade.
Este espazo foi creado co fin de informar sobre os servizos e achegalos á nosaveciñanza e tamén como unha ferramenta de participación cidadá, posto que as persoas que o desexen poden aportar comentarios ou suxerencias aos nosos artigos.
O meu agradecemento pola túa participación e agardar que este espazo sexa do teu agrado.
 
Aquí descubrirás outra maneira de invertir o teu tempo !!

bdtmelide

Hola a todas e a todos, como novidade hai uns meses no Concello de Melide implantouse un Banco de Tempo, despois de levar a cabo unha longa posta en marcha, decimos facer un obradoiro de cociña, o cal da comezo mañan con todas as prazas cubertas. Durante algo máis dun mes durante 2 días a semana, toas/os seremos alumnos e proferores. Espero que sexa un éxito xa que as prazas cubríronse de seguida. O longo destes días ireivos colgando as fotos dos pratos que vaiamos facendo.

Funcionamento do Banco de Tempo.

Funcionamento do Banco de Tempo.

Archivo

Suscríbete

RSS | Atom

Contacto

Contactar

Albergado en:blogspot.es

Noticias: Noticias

Contador gratis contadorplus.com